Plan de actividades

(Actividades abertas ao público en xeral)


MÉRCORES 2

CHEGADA DAS/OS PARTICIPANTES / VISITA Á VILA


XOVES 3

9:30
Expectativas e obxectivos
Presentación do programa.

12:30
Recepción oficial.
Visita á feira

14:00
Comida aire libre/ festa de benvida

Dinámicas de coñecemento

Workshop:
Ideas sobre proxecto ambiental

Cea en restaurante

Carballo de noite

VENRES 4

9:30
Reflexión sobre a metodoloxía e adquisición de competencias ( Youth Pass)

11:00
Excursión a Compostela

Comida en restaurante de Compostela

Coñecer Compostela

17:00
Workshop: Obradoiro Ambiental: Posta en valor do Patrimonio Ambiental con AGA e A Nosa Enerxía

20:30
Roteiro nocturno

Cea picnic

Roteiro nocturno
Pico de Meda
Visita espazo natural transformado polo home

SÁBADO 5

Zas. Estancia nocturna / reflexión sobre a repercusión no entorno

12:30
Encontro con entidades locais. Reflexión sobre estratexias
Tema: “que te move?”

14:00
Comida en restaurante

16:00
Saída a Vimianzo. Visita interpretativa á vila e ao Castelo.

18:30
Participación na actividade cultural: “Asalto interparroquial”

Cea en restaurante

Participación activa en “Asalto ao Castelo”
Vimianzo de noite


DOMINGO 6

9:30
Saída espazos naturais costeiros
14:00
Comida Carreira-Zas
Comida autóctona

16:30
Workshop:
Desenvolvemento e realización do proxecto.

17:30
Obradoiro sobre liño
Carreira-Zas

Cena en restaurante

Noite intercultural de Carballo

LUNS 7

9.30
Workshop: Presentación del proxecto

11:00
Charla Bosque Ribeira da Pena con Evaristo Domínguez Rial
Actividade ao aire libre todo o día: Posta en valor de bosques e ríos
Comida picnic en ruta
Roteiro Camiños de Aldemunde
Roteiro de sendeirismo Percorrido por ribeiras fluviais do entorno

Cea en restaurante

Carballo de noite

MARTES 8

9:30
Encontro con responsables locais para presentación de propostas

11:00
Pinta na rúa

14:00
Comida picnic
Pinta na rúa
Avaliación Suxerencias de cara ao futuro

Cea en restaurante

Festa de despedida. Concerto


MÉRCORES 9

SAÍDA DAS/OS  PARTICIPANTES

NON ESQUEZAS

  • Saco de durmir 15 graos
  • Crema solar
  • Bañador
  • Chanclas
  • Toalla de praia
  • Gorra
  • Impermeable
  • Lanterna frontal
  • Calzado de sendeirísmo
  • Pantalón cómodo para sendeirismo longo
  • Mochila pequena 15l.
  • Forro polar
  • Bandeira do país (unha por grupo)
  • Tarxeta sanitaria europea
  • Pulverizador antimosquitos

RECOMENDABLE

  • Cámara de fotos
  • Máis bandeiras do país

Normas XEM

Cumprimento de horarios establecidos para cada actividade sendo obrigada a participación en cada unha delas. Deberán ser respetados de forma escrupulosa os horarios de sono en cada unha das actividades tanto en pernoctas ao aire libre como no hostal evitando en todo caso molestias ás demais persoas participantes e usuarias das instalacións.

O consumo de substancias nocivas para o organismo e, en todo caso, non permitidas pola Lei española queda prohibido.

O máximo respecto coas instalacións e medios de transporte propostos pola organización é de obrigado cumprimiento.

O material propio de cada participante así como o material e vestiario  facilitado para o encontro,  deberá ser usado co maior coidado e, no caso de empréstimo do mesmo, deberá ser devolto nas mesmas condicións. Cada participante será responsable de dito material mentres goza do seu uso.

As conductas serán de respecto coas demais persoas participantes das actividades. O trato será amable, positivo e con un grande espírito de convivencia. Os problemas que poidan xurdir serán comunicados á persoa monitora que será encargada de transmitirllo ao persoal correspondente. Respectaremos as quendas de intervención.

Lembra que o proxecto e cada unha das actividades en concreto  foron organizadas co mellor dos obxectivos posibles. Sé comprensivo cos posibles fallos e ofrece críticas construtivas. Respecta as decisións da organización e aqueles posibles cambios que podan xurdir.

NORMAS CO MEDIO NATURAL

Queda prohibido deixar calquera tipo de residuo en lugares que non sexan os especificamente habilitados. Especialmente nas actividades ao aire libre deberemos levar ata un punto habilitado todos os posibles residuos ou material que xeremos ou traiamos connosco.

Evitaremos camiñar por fóra dos lugares establecidos e, en todo caso, respectando lugares agrícolas e propiedades privadas. Evitaremos os ruídos innecesarios e calquera outro tipo de contaminación acústica, especialmente nos entornos máis sensibles.