Participas?

Precisamos de ti para formar o grupo galego para estas xornadas. Se tes un compromiso co medioambiente e a natureza, coñeces o mundo do asociacionismo, gustas de compartir coñecementos e experiencias interculturais, dispoñémosche aquí deste formulario para poder apuntarte nas xornadas do Proxecto X.E.M.

Lembra que precisamos de ti unha total dispoñibilidade entre os días 2 e 9 de xullo deste 2014 e que esteas no rango de idade de 18 a 25 anos e, preferiblemente, que pertenzas ao ámbito rural e teñas coñecementos en idiomas.

Lembra: a Unión Europea, o Estado español, o Concello de Carballo e outras organizacións públicas e privadas financian o proxecto; o aloxamento, manutención e desprazamento está cuberto, só precisamos de ti a túa presencia para crearmos unha nova experiencia europea e bergantiñá.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o día 18 de xuño de 2014, todas as solicitudes achegadas serán avaliadas por Senda Nova e poñerémonos en contacto contigo nos seguintes días para informate da consecución ou non da praza no proxecto.









Código de seguridade de envío: captcha