Asociacións participantes

bandeira

Associazione ONLUS Levitazione (Torino – Italia)

Asociación xuvenil comprometida no apoio á mocidade na música, teatro, periodismo, baile, audiovisuais, pintura, xogos, etc; actividades creativas enfocadas a promover e extender entre a xente nova a participación activa e a cidadanía democrática

bandeira

Jeunese et Recontruction (París – Francia)

Asociación xuvenil enfocada no desenvolvemento da xuventude. Os traballos de campo e o voluntariado son a base dos intecambios interculturais que organizan e o lugar onde a mocidade de países diferentes realiza un traballo para a comunidade

bandeira

Centru Voineho Casu CVC Kosice Youth Regional (Košice – Eslovaquia)

O centro xoga un papel importante no apoio á educación non académica na rexión e é un punto de consulta para o programa ‘Xuventud en acción’ e socio na zona de EURODESK Eslovaquia

bandeira

Asociación Ambiental Senda Nova (Carballo – Galicia)

Entidade sen ánimo de lucro composta de máis de 50 socias/os, principalmente das comarcas galegas de Bergantiños e Soneira. Ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, sobre todo das comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes. Para acadar eses obxectivos facemos fincapé nos valores deportivos, nas actividades no medio natural e nas iniciativas prestadoras de servizos á mocidade.